Sobre nós


Sobre nós


Despois de moitos anos traballando no Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe e no Incipit-CSIC, centros de investigación líderes, no 2016 iniciamos con moita ilusión un novo proxecto que chamamos Tictura.

Aproveitando a nosa experiencia e partindo sempre da arqueoloxía, unha ciencia que nos apaixona e á que dedicamos moito esforzo, intentamos crear produtos culturais de calidade cunha base multidisciplinar, empregando os novos recursos dispoñibles e unha formación constante en educación patrimonial.

Yolanda Seoane Veiga (A Pastoriza, Lugo)


Arqueóloga, licenciada en Historia cun posgrao en Xestión Arqueolóxica do Patrimonio Cultural.

Comecei a miña carreira profesional hai case 20 anos, doce dos cales realicei traballos de apoio á investigación no Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e no Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSIC. Dentro destas institucións participei en proxectos de I  + D, cooperación internacional e en numerosos proxectos de divulgación técnica e científica, centrando principalmente o meu traballo na arte rupestre. Na web podes atopar algunhas das miñas publicacións.

En 2016 comecei a traballar en Tictura, onde me dedico principalmente ao deseño de contidos, a execución de actividades de divulgación e o desenvolvemento de servizos técnicos.

"Desde pequena soñaba con ser arqueóloga. Gústame traballar para achegar o patrimonio á xente, creo firmemente que todos temos o dereito de coñecelo e o deber de coidalo".

Roberto Aboal Fernández (Ferrol, A Coruña)


Licenciado en Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Levo na arqueoloxía desde 1992. Entre 1997 e 2012 formei parte do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe de la Universidade de Santiago (USC) e do Instituto de Ciencias del Patrimonio (INCIPIT) do CSIC, cun perfil como Técnico de Apoio á Investigación, realizando principalmente traballos de dirección arqueolóxica en diferentes proxectos: Plan Eólico da Serra do Xistral, Autoestrada Santiago-Alto de Santo Domingo, Corredor do Morrazo, Proxecto Pousadas do Salnés... Ademais formei parte de diferentes proxectos de divulgación. Son autor de diferentes publicacións científicas.

Dende 2016 formo parte da empresa Tictura, realizando tarefas de xestión, creación e edición de contidos, así como actividades de divulgación.

"Para mirar ao futuro é importante coñecer o pasado. Co noso traballo, humildemente, pretendemos axudar a facer posible esta premisa".

"Cásate cun arqueólogo, canto máis maior, máis encantadora te atopará"

Agatha Christie


Share by: